Escríbenos Antonio Cordo, EA1AEN, Presidente da Sección URE Baixo Miño, lembrando que o próximo 21 de abril comeza a XVI edición do Angula Contest.
É un dos poucos concursos na banda de 2 metros, modo FM, que quedan na comunidade galega, así que vos animo a participar.
Outra información que nos chega a través de EA1AEN é a celebración do 4º Concurso VHF - UHF organizado pola Associação de Radioamadores do Alto Minho (ARAM).
Este concurso celebrarase o día 10 de maio próximo, nas modalidades de FM e SSB, nas bandas de 2m, 70cm e 23cm, dende as 12 ás 21 horas UTC.